Co descubrimento do pasado de Ezequiel, no cuartel de “Serramoura” semella que as cousas comezan a estar algo máis tranquilas. Os homes de Penedo déronlle carpetazo ao que, probablemente, foi un dos casos máis complicados da toda a súa carreira. Pero o que non acaba de estar tranquilo de todo é Quique. Xusto antes de morrer, o seu preceptor no mosteiro de Santa Catalina, gravou un vídeo para el. Pero o máis sorprendente do caso non é que pensara nel nos seus últimos momentos, senón a quen fai referencia o contido da gravación. Trátase dunha inquietante confesión dos propios pecados e dos doutra persoa: Diego Bazán. Se as palabras de Ezequiel son certas, o sarxento Bazán podería agochar un pasado moito máis escuro do que Quique xamais alcanzaría a imaxinar. A partir de agora, o cabo Parcero non cesará ata dar coa conexión entre Diego e Ezequiel, unha investigación que deberá levar no maior dos secretismos, aínda que quizais atope na súa contorna a axudante perfecta. Pola súa parte, Emil