Tras a aparición do corpo de Carlos no pozo do mosteiro, no capítulo desta noite, o posto de mando de “Serramoura” incrementa a presión sobre os monxes da comunidade de Santa Catalina, en que segue infiltrado Quique para resolver o caso. Alí, día a día, parece estreitar a súa relación con Ezequiel, o seu preceptor, un home de Deus que, por algún motivo, podería coñecer o pasado militar do sarxento Bazán. Para contalo, esta noite a serie “Serramoura” trasladará a audiencia ata o conflito balcánico dos anos 90. Mentres tanto, Raquel segue adiante no seu intento de vender os seus montes. Agora precisa máis cartos ca nunca pois, co seu pai no cárcere, as irmás Neira enfróntanse a un gasto moi elevado en avogados. Pola súa parte, Hugo ve unha oportunidade para que Evaristo faga un investimento e de paso axudar a Raquel na medida do posible, pero aceptará ela a caridade de quen un día foi a súa parella?  Para o patriarca dos Fiúza, agora mesmo hai temas máis importantes dos que ocuparse e o