A bomba detonada no exterior do posto de mando de “Serramoura” tiña un destinatario claro: Víctor Somoza. O artefacto explosivo atopábase no seu vehículo, pero a súa detonación tamén acabou coa vida de Eva Lema, unha nova axente. Ademais, os estragos foron cuantiosos. Pero o que máis lle preocupa agora ao tenente é o desánimo que se fixo patente entre os seus subordinados, es especial pola perda de Eva, unha das compañeiras máis novas do cuartel. A actividade debe volver á normalidade o antes posible, polo ben de todos os gardas e por agora toca atopar o responsable ou responsables do atentado. Mentres tanto, Román Fiúza vive con desesperación cada novo obstáculo no seu proceso de recuperación. Intentando aparentar normalidade, acepta participar nos plans que o seu pai ten para el na súa empresa. Pero Luz, a camareira da taberna de Serramoura, coñece ben a Román e non se lle escapa cal é o seu verdadeiro estado de ánimo. Non dubidará en falar con el para animalo a sincerarse con Evaris