No cuartel de “Serramoura” están ante un dos casos máis complicados ao que lle tiveron que facer fronte. Ao secuestro de Rebeca sumouse o asasinato de Marcelo nas propias dependencias do Posto de Mando cando tiña que estar vixiado en todo momento. Por iso, a busca do responsable convértese en prioritario para todos os membros do cuartel agás para Víctor Somoza, que está máis preocupado en poñer impedimentos para que Marga e Diego, contra quen sente unha fonda animadversión, fagan o seu traballo o mellor posible. Por se isto non fose suficiente, declarouse un incendio nos montes de Raquel. A pesar da rápida intervención dos equipos de extinción, o lume afectou as plantacións de maior valor, polo que podería quedar sen nada. O curioso do asunto é que a persoa que provocou o incendio é Moncho, o seu pai. Ademais, agora que Raquel está nunha situación tan delicada, dona Teresa non dubidará en aproveitar a ocasión para deixarlle moi claro á nai do seu neto cal é o seu lugar a partir de ago