Marga Neira e Diego Bazán están a punto de vivir o seu momento máis romántico. Por fin, Marga tomou a iniciativa e declarouse a Diego, un día calquera, no cuartel de Serramoura. Agora, a sarxento agarda paciente unha resposta. Diego ten moi presente todo o sufrido desde que se coñecen, pero ambos os dous saben que o que existe entre eles é moi forte e que chegou o momento de deixar que suceda. Á terceira podería ir a vencida na vida da parella. Intentárono no capítulo 74, pero a morte finxida dela mantívoos separados ata o seu regreso no episodio 80. Tras un primeiro bico que Diego xa cría imposible, el decidiu afastarse da súa compañeira e protexerse así da dor sufrida. Pero Marga nunca se rendeu e este é definitivamente o momento. Este capítulo abre unha nova trama na serie, que supón a chegada á ficción dos actores Sergio Pazos e Víctor Mosquera. O primeiro, no papel de Milo, un veciño de Serramoura con serios problemas económicos e incapaz de confesar a súa situación á súa famili