Sol, una moza que pasou a noite nunha festa ata o amencer, foi bañarse ao río, pero non saíu da auga e polo momento non hai ningún rastro dela. Marga e Diego identificarán coma sospeitosos a Román, o mozo da rapaza, e tamén a unha amiga, que estaban no lugar dos feitos e que parecen saber algo máis do que están dispostos a contar. Pero resolver este caso non vai ser o principal problema para Tomás, senón controlar a Quique. O cabo podería aproveitar a situación pola que pasa Román para vingarse pola marcha da súa noiva, Sabela, da que culpa o pequeno dos Fiúza.