A voz en off de Sen Fronteiras decide que os nosos presentadores cheguen aos seus destinos correndo polos camiños de Galicia e Portugal. Unha vez máis Beatriz e Javier deciden competir para convertir un apacible programa nunha pista de carreiras. A pesares da présa poderemos coñecer de primeira man os encantos de dúas poboacións únicas, Vilalba e Vila Flor.Augas termais, capóns, santuarios, árbores e castelos, Sen Fronteiras amosaranos unha vez máis as curiosidades de dous lugares paralelos unidos polo encanto da súa xente.