Beatriz chega a Vilanova de Arousa e lánzase ao mar a coñecer a Ruta do Mar que seguiu o apóstolo para chegar a Santiago. Javier perderase polas rúas de Oporto e por máis que pregunte non atopa Vila Nova de Gaia, na outra beira do Douro. Para non perder as vellas tradicións Beatriz e Javier apostan, nesta ocasión o primeiro en disfrazarse perde e invita a unha cea. Beatriz non aguantará caracterizarse como un personaxe único de Vilanova, Valle-Inclán.