O Carteiro móvese ata Meira, procurando alí a Yoani Jartín, traballadora da oficina de turismo, que se prestará a guiarnos por Meira. No Pedregal atoparémonos con Daniel Veiga, propietario do Pub Tibor, e Xosé Lourido. No Mosteiro de Meira falaremos co párroco Miguel Asorey. Tamén conversaremos con Jesús López e Mónica Folgueira, membros de Gaita Films e Amigos da Malla, respectivamente. No Cabanón estarán con nós Marisa Dapereira, que tocará o acordeón para nós, e Ana Jartín, quen recitará uns versos de Avelino Díaz. Tamén nos atoparemos na Empedrada con Diego Vallejo, un dos irmáns Vallejo, que nos contará un pouco como é a súa vida nos rally.