Desta vez o Carteiro visita Ferrol nun chuvioso día na procura de Alberto Chan. O noso cicerone levará ao Carteiro por lugares destacables de Ferrol. José Luis Casteleiro será o encargado de falarnos un pouco da arquitectura de Ferrol. Posteriormente visitaremos a Praia de Doniños, na que Brais Freire, o seu antigo socorrista, nos contará o duro que é ese traballo. No Castelo de San Felipe será Jorge Medina o encargado de guiarnos por el e contarnos gran parte da súa historia. Por último visitaremos o Monte de Chamorro, onde Benjamín Hermida compartirá con nós recordos do seu pasado nese lugar.