Desta vez a visita a Catoira non a fará un vikingo, senón o Carteiro da Galega na procura de Martina Vicente. A nosa cicerone axudaranos a coñecer Catoira un pouco mellor, levándonos a falar da Romaría Vikinga con Abraham Lorenzo. Por outra banda, visitaremos a Lagoa das Pedras Miúdas e Muíños, onde falaremos con Mónica Touriño, unha musher, que nos contará en que consiste a súa profesión. Tamén visitaremos o criadeiro de bonsais de José Riveiro e falaremos dos recipientes que os conteñen con Ana María González. Xa na Ermida de San Cibrán coñeceremos a Manuel Rodríguez e Xan Manteiga, músicos e integrantes dunha asociación que pretende dar luz a disciplinas artísticas. Todas estas visitas farán que o Carteiro lle impoña a banda de embaixadora a Martina.