Empezando polos seu anfitrións, Pauliña e Quique, unha parella de cantautores e músicos cos que Anselmo descubrirá os tesouros que agocha a vila. Un pintor, un compositor que musicou os poemas de Cabanillas, a Fundación Manolo Paz e a praia Espiñeiro sorprenderán a Anselmo cunha riqueza artística allea, en moitos casos, os ollos do turismo convencional.