O carteiro da TVG viaxa ata Baiona, un vila pontevedresa con unha enorme importancia histórica, xa que foi onde desembarcou en marzo de 1493 Martín Alonso Pinzón cando volveu da súa viaxe do descubrimento de América. Para falar de todo este legado histórico, Anselmo atoparase co historiador Anxo Rodríguez, que levará o noso presentador a coñecer os segredos da reconstrución da Colexiata, Cabo Silleiro, a Serra da Groba, o casco vello, e quen tamén dará conta das anécdotas máis divertidas que aconteceron na vila.