Os gardiáns de Moncho, nerviosos porque non reciben cartos, comezan a discutir entre eles. Carmiña, rebélase, farta de cargar coa compra e quere que Pepe lle merque un coche. Nesto Lito dí que lle tocara un nunha rifa da ferretería onde mercan os materiais. Despois de moitas discusións sobre quen debe quedar co coche e convencido por Susa, Lito dalle o boleto a Carmiña. Pero resulta que Lito equivocárase polo que Carmiña queda sen coche. Teté encargáralle as reformas para o novo restaurante a Pepe máis a Lito, sen comunicarllo a Xan. Igualmente fixera socia do negocio a Uxía. Cando Xan se entera, enfádase e Teté marcha. Os gardiáns tratan de negociar pola súa conta á marxe de Ernesto. Diego, toma as rendas da familia e negocia directamente cos secuestradores. Cando está a falar con eles por teléfono, escoita como pelexan entre eles e se produce un disparo...