Moncho permanece secuestrado, e a Diego chégalle un anónimo ó que non da demasiada credibilidade. Por outro lado, Leo ó non presentarse Moncho a recolle-la nena decide denuncialo. Da Silva co seu cinismo habitual, esíxelle a Ernesto que envíe unha proba críble de que o secuestro vai en serio. Despois de darlle unha malleira, gravan un vídeo no que Moncho, suplica a súa avoa que pague o rescate. Teté insiste en montalo restaurante e Xan non pensa máis ca na voda. Pepe desespérase polo control severísimo ó que o ten sometido Carmiña nun non menos severísimo rexime alimenticio.