Xan e Lito seguen preocupados polos ligueiros que lles descubriran as súas donas, mentres elas prepáranlles un "numeriño". Diego segue con Marta só ata que naza o bebé e comprobar se é seu ou de Da Silva. Teté trata de axudar a Leo. Tenta sacar a meniña do pazo cando é sorprendida por Moncho. Definitivamente pensa en marchar, só pospón a marcha por petición de Leo. Pero levará unha sorpresa, Xan decláraselle e pídelle que case con el. Ela acepta.