Dona María non está disposta a renunciar a Gloria; Moncho faille saber que Leo foi lonxe de máis nas medidas provisionais, impedíndolle ver a súa filla. A avoa dille que deixa as cousas nas súas mans. Marta tenta falar con Diego, pero este non a escoita. Ela dubida de quen é o pai, pero Da Silvasábeo...Lito descobre unha roupa interior que o inclina a pensar que Susa leva unha dobre vida.