Co novo testamento de dona María, Da Silva pensa en eliminala. Marta cóntalle a seu pai os plans de Da Silva e a súa decición de impedilos, aínda que corra risco a súa propia vida. Da Silva cóntalle a Moncho que a súa avoa o quere deixar á marxe. Pepe pretende provocar os celos de Carmiña con Susa, pero será Carmiña coa complicidade de Susa quen lle vai dar unha lección. Xan practica a súa nova identidade cunha atractiva moza, Ánxela, pero agora ten que lle funcionar con Teté.