Teté, Xan e Rafa pasan unha noite de troula xuntos. Rafa confésalle a Xan que el e Teté mantiveran relacións íntimas e este estoupa cos celos. Da Silva cre que lle vai dar o golpe definitivo a Moncho e cítase no pazo con Dona María e Leo para levarlles a proba das infidelidades de Moncho. Uxía cóntalle o plan de Da Silva a Moncho. Este rompe a cinta en presenza de Da Silva. Pero aínda así, o brasileiro, preséntase no pazo como defensor de Leo, predispoñéndoa contra o seu marido. Da Silva ordénalle a Balseiro que lle dea un bo escarmento a Vanesa. Rafa, unha vez máis, despídese por un tempo, xa que vai participar nunha regata.