A relación entre Diego e Marta vai de mal en peor e ela confésalle abertamente que está con el polas terras da súa familia. Susa anuncia que vai marchar do pazo, pois xa rematou o seu traballo e entre Moncho e Leo as cousas non poden ir peor. Ela acúsao de casar por interese, para conseguir as súas terras. Mario marchara de Cambados, pero antes fóra rexeitado por Teté. Dona María pídelle axuda a Uxía para arranxar os problemas entre Moncho e Leo, e tamén que fale con Teté para que busque un noivo axeitado para ela.