O matrimonio de Diego é unha farsa e Marta pasa todas as noites fóra da casa. Teté cóntalle a Uxía que pasou a noite con Mario. Diego tenta entusiasmar a Marta co negocio do viño e lévaa a visitar a Xan, un antigo amigo e adegueiro tradicional. Da Silva prepáralle unha trampa a Moncho para que Leonor o sorprenda con Vanesa.