Leo sorprende a Uxía e perde os nervios desencadeándose unha forte discusión. Da Silva visita a Leo no seu peor momento. Uxía segue oculta na casiña do pazo e non quere marchar ao sanatorio sen ver a súa nai. Marta e Da Silva acúsanse mutuamente ante a señora Ruiz para quitarse o un ao outro do medio.