Marcos da Silva, temendo perder a aposta, anticípase e saca na prensa todos os trapos sucios de Marta. Teté visita a Uxía, que lle confesa que son fillas do mesmo pai e que quere seguir no anonimato para empezar unha nova vida. Teté discute coa avoa porque quere revelar a verdade. Moncho ten problemas no traballo e refúxiase aínda máis na bebida, para satisfacción de Da Silva. Chega bébedo á hora de comer, causando un altercado ante toda a familia.