Gonzalo consegue unha cita con Gloria e tenta iniciar unha relación máis persoal e menos profesional. Ao mesmo tempo, Gonzalo vai encargar unha proba de paternidade por comparación de grupos sanguíneos (quere saber cientificamente se el e Gloria son irmáns). Paralelamente, Diego e Gloria estreitan a súa relación e, sen eles querer recoñecelo, inician un proceso de namoramento mutuo. Pepe recibe o apoio dos seus amigos para conquistar a Carmiña.