Uxía segue viva, está ingresada nun psiquiátrico, baixo a protección de dona María ata que cure e marche definitivamente. Dona María tamén contrata os servizos de Susa, unha terapeuta para a rehabilitación de don Carlos. Da Silva segue a darlle instrucións a Balseiro para descubrir a verdadeira identidade dos socios de Marta, á vez que segue co seu plan para destruír a Moncho.