Marcos téndelle trampas a Moncho para que Leonor non lle ceda as terras. Contrata, á marxe de Marta, a Vanesa, unha atractiva secretaria para que faga caer a Moncho definitivamente na bebida. Santi, o compañeiro de traballo de Teté, decláraselle e séguea a todas partes.