Carmiña vive desesperada pola morte da súa filla e acaba enfrontándose aos Lantaño. Pepe pensa que un meniño lle devolvería a alegría á casa. Carlos descobre os plans da súa filla, que pretende facerse coas terras de Brandán para levar a cabo un ambicioso proxecto inmobiliario. Xan tamén está desesperado porque non consegue os cartos para levar a súa nai a Houston.