O accidente de Herminia foi máis complicado do que en principio parecía, e seis meses máis tarde aínda non se recuperou. A relación entre Moncho e Leonor está totalmente restablecida. Viven uns momentos de ledicia e tranquilidade que se ve ameazada pola repentina volta de Uxía. Hai tensión en Brandán polo inminente perigo de creba. Da Silva segue adiante co seu plan para facerse coa adega.