Marta, empresaria, excelente avogada, axudará a Diego a saír do cárcere. Moncho substitúe a Diego na adega, pero Da Silva declara as súas intencións de converterse no novo xerente substituto. Dona María acepta as condicións de Uxía, pero tamén pon as súas. Cando Diego sae por fin da cadea, recrimínalle a Moncho que non fixera nada por liberalo. Diego, ademais, tratará de botar da adega a Marcos da Silva.