Beatriz segue a recibir ameazas de "Gonzalo", quen lle ordena que inculpe a Diego pola súa morte. Cando a investigación está a piques de pecharse por falta de probas, descóbrese quen é a voz misteriosa que se fai pasar por Gonzalo e as súas pretensións. Dona María sabe por Herminia da falta de síntomas de embarazo de Uxía, e decide poñela a proba para descubrir a verdade. Xan comeza a traballar con Pepe, mentres Teté se fai cargo do bar.