A investigación sobre o atentado non pode avanzar e dona María prefire que o tema se liquide canto antes. Uxía culpa a Moncho do asunto e ve a oportunidade de chantaxealo para que este recoñeza a paternidade do seu fillo. Da Silva e Beatriz reconsideran a súa situación na adega despois dos últimos acontecementos. Beatriz recibe unha chamada certamente inesperada. Leonor, obsesionada pola desaparición de Gloria, corre o risco de perder o fillo. Dona María fai todo o posible para que Leonor volva ao pazo.