Da Silva regresa do Brasil cun encargo de Gonzalo, un ácaro devastador que acabará coa colleita das viñas do outeiro. Gonzalo non tarda en pasarlle factura a Carmiña polo favor que lle fixo a Uxía e pídelle que convenza a dona María para celebrar unha festa de aniversario. Volve Diego a Cambados, sae o primeiro número da revista, e Teté e máis Leonor pídenlle que colabore.