Felisa volve á casa tras a operación, que resultou un éxito, e recíbena cunha festa sorpresa. Gonzalo pon a disposición de Uxía unha importante cantidade de cartos, e pídelle que interveña para recuperar a Moncho. Gloria volvera da súa viaxe ao Brasil moi satisfeita cos negocios que fixera.