Gonzalo ofrécelle a Gloria que se integre en Adegas Brandán, dirixidas por el, para tela preto. A fascinación por Gloria chegou ata tal punto que mesmo manda seguila para saber a que se dedica cando non están xuntos. Manuel, coñecedor das intencións do patriarca de deixarlle a Gloria as Viñas do Outeiro, cóntalle a Gonzalo que Gloria é a súa irma, e dálle un ultimato. Manuel fai plans para vender a batea, e Felisa leva a cabo unha folga de brazos caidos, conseguindo convencelo para que a deixe participar na explotación. Carmiña sospeita que súa filla ten un amante que lle proporciona cartos. Pepe solta un rato na casa de Carmiña para sorprendela posteriormente coma o seu "heroe". Teté inicia un tímido namoramento platónico de seu tío Diego e mándalle unha carta de amor.