Xan, moi afectado, fai unha promesa para que súa nai cure: non manterá relacións sexuais. Pepe e Carmiña regresan, e el sente a necesidade de ser pai. Gonzalo faille saber a Carmiña que vai recoñecer a Uxía, pero ela teme que a utilice como fai con todos. Pola súa parte, Uxía esíxelle a Gonzalo máis compensacións: a moza resulta ser aínda máis cínica e intrigante que seu pai e seduce a Moncho no despacho de Gloria, onde Gonzalo mandarainstalar micrófonos ocultos. Gonzalo xa recuperado volve ser o ser ruín de sempre e Moncho asume responsabilidades en Brandán moi a pesar de Manuel, que desconfía da súa lealdade a Gloria.