Gonzalo, aínda convaleciente, parece un home novo. O recentemente publicado libro de Diego sobre os Lantaño provoca unha chea de comentarios e indignacións e dona María reclúese para non ter que darlle explicacións a ninguén. Pepe e Carmiña sofren os nervios da voda e finalmente casan. Uxía dá cabazas a Moncho mentres que a aproximación de Leonor a el continua.