Gonzalo reconduce as intencións laborais de Moncho cara ás adegas e advírtelle que non se achegue a Uxía. Gloria proponlle a Manuel que volva con ela e que deixe Adegas do Umia. Manuel descobre unha sabotaxe en Brandán.
Leonor, xa recuperada da súa convalecencia, proponlle a Teté facer unha revista e comeza a interesarse por Moncho, pero a el segue gustándolle Uxía. Xan e Harpo montan unha festa na casa de Teté. A Harpo inúndaselle o bar por un descoido. Todo está estragado. E Pepe e Carmiña comezan cos preparativos da voda, pero hai un problema: Pepe non está bautizado.