Tras o enterro de don Ramón, o notario procede á lectura da herdanza. Olaia anuncia o seu divorcio de Pedro e marcha do pazo con Berte. Por outra banda, Gloria Leiro, allea ás intencións de don Ramón de convertela en herdeira, mantén entrevistas de traballo para se integrar como socia-cooperativista nas adegas do Umia. Na cita que mantén con Gonzalo Lantaño, este queda prendado dela. Uxía empeza a dar mostras da súa ambición e da dobre vida que mantén: Carmiña, súa nai, descóbrelle un 'book' para unha axencia de modelos.