Unha muller xove e deportista, morre a consecuencia dun shockanafiláctico por alerxia á penicilina; Sofía investiga no matadoiro de Gondar,xa que uns vertidos tóxicos, foran a parar ó pozo da xove.Sofía descubre que na casa da finada, hai mostras de substancias abondo para causarlle a morte á xove cuia relación co seu home non pasaba polo mellor momento. A súa vez, Pedro, sorprende ó viúvo bicando a outra muller. Poucodespois, descúbrese que a finada tiña un amante, pero a causa da morte resultaser do máis inesperado.Lito, trata de convencer a Pepe para que interceda ante Uxía, para que a súavez o recomende a Luis Gondar e abrir un restaurante na alimentaria .Luis recrimina a Pedro, a súa dobre relación sentimental con Sofía e Leo, queestá afectando a seu traballo no laboratorio.Vanesa, négase a ser unha mantida, polo que Moncho decide ser él quen llebusque un traballo para tela controlada.