Un home padece unha infección e morre. O médico informa a súa irmá Mercedes de que trala morte do seu irmán está Gondar alimentación. O caso  é denunciado por presunto abuso de antibióticos nos animais. Luis vai atando cabos e sospeita que alguén vinculado ó laboratorio é o autor das sabotaxes. A Sra.Ruiz, no seu afán de consegui-los seus fíns, ordenalle a Raixa que instrúa a Leo nas artes amatorias para seducir a Pedro. Tamén obriga a Vanesa a volver ao pazo para satisfacer os desexos de Moncho. Leo non consegue aproximarse a Pedro, porque éste parece retomar a súa relación con Sofía, con quen agora ademais comparte as investigacións. Pepe está moi intrigado polo novo traballo de Lito "xestor de rutas", xa que éste non lle acaba de revelar en que consiste. Pepe consegue sembrar dúbidas ó respecto en Susa.