Seguen as intrigas da Sra. Ruiz para afundir a Luis Gondar. Para conseguilo ordena a Besteiro desencadear unha epidemia na granxa de rodaballos, que a piques estivo de estragar a facturación de vinte millónsde euros. Dona María obriga a Leo a introducirse na alimentaria, pero é a Sra. Ruiz quen finalmente lle consegue un pase permanente para que sirva aos seus fíns. Leo non só logra entrar en Gondar, senón que consegue ademais unha cita con Pedro, o biólogo da alimentaria. Pedro descobre unha sabotaxe incrible: alguén cun transmisor provoca estrés nos rodaballos, que morren sen remedio. Á súa vez Lucas descobre que alguén manipulara as vacinas dos peixes.