Sofía, inspectora de alertas alimentarias descubre que algúen a tentou envelenar cun peixe procedente de industrias Gondar. A Sra. Ruiz busca a complicidade de dona María para afundir Gondar, pero matriarca dos Lantaño decide actuar pola súa conta. Para elo chantaxea a Leo e obrígaa a introducirse en Gondar a cambio de gardar silencio sobre o asunto da castración de Moncho. Uxía revélase como unha grande investigadora, descubrindo que non houbera ningunha alteración en todo o proceso da cadea alimentaria. Sen embargo, xunto con Lucas seguen a pista que os conduce ata unha nova factoría. A Sra. Ruiz descúbrelle a Moncho toda a verdade sobre o suceso da súa castración. Pedro descubre que alguén do laboratorio introducira o veleno no peixe de forma intencionada. Luis chega á conclusión de que teñen un infiltrado en Gondar.