Balseiro merca vieiras contaminadas por orde da Sra. Ruiz para colocarllas á alimentaria de Luis Gondar; asalta a un conductor da fábrica e cambia as caixas das vieras sás polas contaminadas. Inícianse as investigacións e conseguen chegar a tempo de impedir que as vieiras entren na cadea alimentaria. Unha vez máis a señora Ruiz non consegue os seus propósitos. Pepe tenta convencer a Herminia para marchar do pazo e instalarse nun piso no pobo, pero ésta resístese a abandonar a dona María. Bárbara rouba cartos e xoias a dona María e Moncho a descubre ademais de desenmascarala: o embarazo resulta ser un engano, Bárbara subornaba a un xinecólogo.