A Sra. Ruiz xa conseguíu entrar en Gondar, como representante do Consello na dirección da empresa coa intención de afundir a Luis. Descúbrese mercurio en Gondar Alimentación. Sofía, representante de alertas alimentarias xunto con Pedro inician as investigacións. Ela tivera un tempo atrás unha relación sentimental con Pedro deixárao por Luis. Luis e Pedro rivalizaran pola mesma muller, agora xorde a rivalidade profesional entre Sofía e Pedro. Descubren unha sabotaxe na fábrica, pero levada a cabo dun xeito un tanto pueril. Lito convence a Pepe para sacar adiante un invernadoiro. Lito leva ademais un gran disgusto, danlle a alta e non lle queda máis remedio que traballar. Desaparécenlle xoias e cartos a dona María e Leo asegura que foi Bárbara, pero ésta a súa vez acusa a Leo, para conseguir botala do pazo. Moncho convence aLeo para que non marche e non entre no xogo de Bárbara.A Sra. Ruiz segue intrigando, pídelle a dona María que se alíe con ela pararecuperar Brandán e poñer a Moncho