Moncho pídelle a Da Silva que aborte o plan da fusión. Leo ameaza con marchar do pazo co que a venda das súas viñas ós Lantaño quedaría sen efecto. Da Silva proponlle a dona María que impida a fusión e a cambio él conseguirá que Leo quede no pazo. Da Silva aproveitase da amnesia da xove Leo para manipulala. Lito de novo fai unha das súas, ofrécese para enviarlle a Suiza unha caixiña de música avariada que Pascual adora, pero que tenta arranxar él. O resultado é un desastre e non sabe como llo dicir ó mordomo. Bárbara, a nai de aluguer, chantaxea a Vanesa e ésta ofrécese a Da Silva para consegui-los cartos que lle pide ésta.