Luis convértese en socio proporcionándolle a Uxía os catro millóns de euros que precisa para ser accionista de Brandán. Diego ve con bós ollos a entrada de Luis nas adegas polas ideas pioneiras do destacado empresario no sector da alimentación. Dona María non comparte a alegría de Diego. Vanesa convence a Moncho para recurrir a unha nai de aluguer, elixindo a Bárbara, unha xove do seu barrio que lles acarreará moitos problemas.