Amáñase a morte ficticia de Víctor e queda patente a súa culpabilidade, quedando así libre de toda culpa Uxía, que pretende incorporarse a Brandán, pero Dona María ordenalle a Diego poñer tódolos impedimentos posibles para que esta non se leve a cabo. Da Silva ordena acabar con Leo. Luis Gondar, desde a sombra e a través de Celia, a secretaria de Fernando, está a deixar a Uxía sen os bens e o diñeiro que pertenceran a seu irmán Fernando. Moncho e Vanesa, contrareloj, sométense á fecudación asistida, xa que despois da recuperación de Moncho fixeran crer a todos que esperaban un fillo.