As Ferreira deciden facer o Camiño de Santiago. Susa excúsase argumentando unha garda que non pode eludir, pero cárgalles con Pirulo. Pepe prometéralle a súa muller ir con ela esa fín de semana, pero Lito convénceo para facer un "traballiño" moi ben pagado: transportar unhas obras de arte a unha parroquia que queda no Camiño. No transcorrer do Camiño, xorden personaxes peculiares como Cuco e Tito, unha parella de gays que tanto discuten como se reconcilian. Un falso druida que pensa en facer negocio cos turistas e que convence a Xan para que o acompañe como seu axudante. Todo se complica, pois o cura non é tal, Lito bebe da beberaxe do druida que lle fai crer que está posuído por Breogán, e onegocio é un auténtico fracaso...