Todos participan nunha obra de teatro, dirixida por Susa, que van estrear na noite de San Xoán: Damián anda desacougado porque non sabe como conseguir namorar a Leticia, que a súa vez non sabe como dicirlle que todo rematou entre eles. De súpeto xorde un trasno que xoga a provocar cambios de parellas de xeito que Susa persegue a Pepe, e Carmiña a Lito; ámbolos dous non entenden o que está a pasar. Herminia sorprende as dúas mulleres perseguindo ós que non son os seus homes, e como experta en meigallos, decátase de que un trasno as enfeitizou. Herminia trata de loitar contra o meigallo e o trasno, pero éste aparece e desaparece...