Teté, no Limbo, á espera de ser chamada, conversa co seu avó e lembran episodios pasados: a relación de Teté co seu pai; o seu accidental aborto; a súa truculenta relación con Xan; a súa decisión de ir vivir con él á casa de Felisa, a nai deste; a súa relación con Rafa; cando decidira facerse por home para aproximarse a Xan. O accidente de Diego. A suposta morte de Uxía, etc...
Á súa vez, o avó revélalle que poderá comunicarse cos vivos si atopa alguén que coincida coas súas enerxías, ese é Lito. O avó confésalle, que ten unha oportunidade de despedirse de Xan; Teté consegue que Xan dea co agasallo que gardaba para él, antes de partir definitivamente.